terça-feira, julho 31, 2007

Ana Maria Benavente da Silva Nuno

Ana Benavente é colaboradora do Congreso, sendo conferenciante na área de traballo Educación Ambiental no Sistema Educativo, dinamizada por Francisco Candia e Marilia Andrade Torales.

É investigadora principal no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa e Vicepresidenta do BIE (Bureau International de l'Education), UNESCO. É Presidenta da Asamblea Municipal do Cartaxo e participou activamente na vida política de Portugal, ocupando cargos de responsabilidade relacionados coa educación.

Consultora científica de proxectos educativos no Instituto de Estudos para o Desenvolvimento (IED) e membro do comité científico da revista de educación da OEI (Organización dos Estados Iberoamericanos). Desenvolveu a actividade docente en centros como a Universidade de Lisboa, onde orientou teses e disertacións de mestrado e doutaramento.

Máis información:
https://www.ics.ul.pt/rd/person/ppgeral.do?idpessoa=3

CEIDA

O CEIDA é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, sito no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), principal organizador do Congreso. É froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña, para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.

O seu principal obxectivo é promover a educación ambiental en tódolos sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Os fins que persigue o CEIDA son:
  • Favorecer, como centro de referencia, a colaboración entre os demais equipamentos para a educación ambiental (aulas da natureza, granxas escola, centro de visitantes, parques etnográficos e arqueolóxicos, ...).
  • Proporcionar, como centro de formación, os medios axeitados para a capacitación de técnicos en medio ambiente, do profesorado e doutros grupos sociais interesados pola educación ambiental.
  • Mostrar, como centro de interpretación, a interacción dos diversos elementos que interactúan sobre a natureza para propiciar a utilización racional dos recursos cara un uso sustentábel.
  • Facilitar, a través do centro de documentación, a difusión de todo tipo de material formativo, educativo e divulgativo relacionado co Medio Ambiente e Educación Ambiental.
  • Fomentar, como centro de divulgación, o coñecemento dos valores e dos problemas ambientais actuais, co fin de sensibilizar e xerar unha conciencia crítica.
Máis información: www.ceida.org

Xosé Manuel Beiras Torrado


Xosé Manuel Beiras, presidente da Fundación Galiza Sempre, é colaborador do Congreso, participando no diálogo "O mundo lusófono na globalización".

Nace en Santiago de Compostela en 1936. Licenciado en Dereito e Economía comeza o seu labor docente nos anos 60 na Facultade de Dereito da Universidade de Madrid, para logo trasladarse á Universidade de Santiago, onde dende 1970 é Catedrático de Estrutura Económica na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.


Membro fundador do Partido Socialista Galego na clandestinidade (1963), participa activamente no proceso de constitución do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na primavera de 1982, formando parte desde entón dos seus órgaos de dirección. Na actualidade é Secretario de Alternativas Programáticas da Executiva Nacional do BNG.

Foi candidato á Presidencia da Xunta entre 1985 e 2001, Portavoz Nacional do BNG até novembro de 2003 e deputado no Parlamento de Galiza entre 1985 e 2005. O seu liderazgo contribuíu á unión do nacionalismo e ao seu despegue político e social até convertirse en segunda forza política galega. Impulsor da Declaración de Barcelona é unha das personalidades políticas galegas máis recoñecidas no exterior e figura clave no nacionalismo contemporáneo. Desde 1999 preside a Fundación Galiza Sempre.

No seu traballo de investigación e ensaístico destacan títulos como O atraso económico de Galicia, A Galicia rural na encrucillada, Por unha Galicia liberada, Prosas de combate e maldicer ou O estado da nación.

Carlos Taibo Arias

Carlos Taibo é colaborador do Congreso. Participa no diálogo "Medio ambiente, globalización e alterglobalización" xunto a Marcos Reigota e João Paraskeva.

Mestre de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É autor dunha veintena de libros en castelán, na súa meirande parte relativos ás transicións na Europa central e oriental contemporánea. Nos últimos anos interesouse por temas máis xerais, como a globalización. Publicou varias monografías en galego, como Europa sen folgos (Sotelo Blanco, 1994).

Máis información:
http://portal.uam.es/portal/page/portal/UAM_ORGANIZATIVO/Departamentos/CienciaPoliticaRelacionesInternacionales/personal/carlos_taibo

sexta-feira, julho 27, 2007

Araceli Serantes Pazos

Araceli Serantes forma parte do Comité Organizador do Congreso e é dinamizadora, xunto a Luisa Borges, da área de traballo Educación Ambiental Non Formal, que contará coa conferenciante Helena Barracosa.

Mestra asociada no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e xefa da Area de Extensión Universitaria no CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Traballou como monitora pedagóxica en distintos centros e foi técnica de medio ambiente no Concello de Oleiros durante 4 anos.

Interviu en distintos congresos e xornadas tanto a nivel estatal como internacional, como o V Congreso Iberoamericano de Educación Ambiental celebrado en Brasil no 2006. Destaca a súa dilatada experiencia como docente e organizadora de cursos e seminarios. Desenvolveu diversos proxectos no campo da educación social e participou en varios de temática ambiental. É autora dun amplo número de artigos e publicacións.

Máis información:
http://www.udc.es/dep/pdce/Boli/CV_Serantes2005.pdf

Aidil de Carvalho Borges

Aidil Borges forma parte do Comité Organizador do Congreso e presentará o Estado da Educación Ambiental en Cabo Verde.

Docente e investigadora do Instituto Superior de Educación de Cabo Verde, Aidil é Licenciada en Xeografía e Ciencias da Educación. Coordinadora de progamas no proxecto Educação II, reforma do ensino na secundaria. É membro do equipo pedagóxico nacional do programa de educación ambiental en toda a rexión do Sahel (África Subsahariana).

Forma parte do comité científico da revista Água e cultura e é socia fundadora de NEREA investiga, unha organización internacional de investigadores en educación ambiental.

Entrevista a Aidil Borges en EA.NET:
http://www.canal-ea.net/video_exibir.asp?CODIGO=42
Fontes:
http://www.adega.info/index.php?option=com_extcalendar&Itemid=86&extmode=view&extid=157
http://www.nerea-investiga.org/es/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=es&item=10

José Alho



José Alho é colaborador do Congreso e dinamizador da área de traballo Educación Ambiental e Turismo.


Licenciado en Bioloxía pola Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coimbra. Técnico de Conservación da Natureza e xestor de proxectos de Educación Ambiental, conta no seu currículo a representación na Liga para a Protección da Natureza (LPN) no grupo de traballo da Comisión Nacional da UNESCO para a elaboración da lista indicativa de bens a propoñer para a clasificación do Patrimonio Mundial en Portugal. Foi responsable de varias publicacións de sensibilización e divulgación no campo da Educación Ambiental. É frecuente a súa participación como orador sobre o tema do medio ambiente tanto en Portugal como no estranxeiro. É presidente da Dirección Nacional da LPN desde abril de 2002.


Actual Director do Parque Natural das Serras de Aire e Candeeiros e responsable da Xestión da Reserva Natural do Paul do Boquilobo.

quinta-feira, julho 26, 2007

Isabel Carvalho

Isabel Carballo é colaboradora do Congreso, participando no diálogo "As identidades da Educación Ambiental", xunto a José A. Caride Gómez.

Graduada en Psicoloxía pola Universidade Pontificia Católica de São Paulo (1983), mestrado en Psicoloxía da Educación pola Fundación Getúlio Vargas – RJ (1989) e doutorada en Educación pola Universidade Federal do Río Grande do Sul (2001).

Na actualidade é profesora titular da Universidade Luterana do Brasil e profesora colaboradora da Universidade Federal do Río Grande do Sul, nos cursos de especialización en proxectos sociais no IFCH e no CEAD.

Ten experiencia nas áreas de Educación e Psicoloxía Social, con énfase no medio ambiente e sociedade, actuando principalmente nos seguintes temas: Educación Ambiental, subxectividades contemporáneas, métodos biográficos e suxeito ecolóxico.

Máis información: http://buscatextual.cnpq.br/buscatextual/visualizacv.jsp?id=K4782300D2

Helena Barracosa

Helena Barracosa é colaboradora do Congreso, participando como conferenciante na área de traballo Educación Ambiental Non Formal, dinamizada por Araceli Serantes e Luisa Borges.

Doutorada no Centro de Ciências do Mar Universidade do Algarve, Portugal. É un dos fundadores de Nerea Investiga, a Associação Internacional de Investigadores em Educação Ambiental.

Está a traballar en varias áreas: Educación Ambiental, equipamentos para a Educación Ambiental, avaliación en Educación Ambiental e criterios de calidade.
A liña de investigación na que está a traballar son os criterios de calidade nos equipamentos de Educación Ambiental en Portugal.

Máis información: http://www.nerea-investiga.org/pt/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=pt&item=16

Luísa Schmidt

Luisa Schmidt é colaboradora do Congreso, participando no diálogo "Estado da educación ambiental en Portugal, Guinea Bissau, São Tomé e Príncipe".

É socióloga no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa, dedicándose na actualidade a dúas áreas de investigación principais: socioloxía da comunicación e socioloxía do ambiente, no que se doutorou no Instituto Superior de Ciências do Trabalho e da Empresa (ISCTE).

Forma parte do equipo que creou OBSERVA, Observatorio Permanente de Ambiente, Sociedade e Opinião Pública, onde desenvolve na actualidade diferentes proxectos que articula ciencias sociais e ambiente.

Máis información: http://lisboaenova.org/pagina/images/stories/Ponto%20de%20Encontro/Moderadores/LuisaShmidt_CV.pdf

Madalena Neves

Madalena Neves é colaboradora de Congreso, participando dentro do diálogo "Políticas de medio Ambiente".

É Licenciada en Economía polo Instituto de Economía Plekanov/Moscovo e ten formación complementaria nas áreas de: planificación industrial, elaboración e avaliación de proxectos, enxeñaría da formación, planificación e xestión de proxectos, propiedade industrial e procedementos FED.

É membro do Consello Nacional do PAICV, Partido Africano para Independêcia de Cabo Verde, e Ministra de Medio Ambiente e Agricultura no Goberno dese país.

Máis información: http://www.governo.cv/index.php?option=com_content&task=view&id=81

terça-feira, julho 24, 2007

José Antonio Caride Gómez

José Antonio Caride Gómez é colaborador do Congreso, participando no diálogo "As identidades da Educación Ambiental", xunto a Isabel Carvalho.

Mestre, Licenciado e Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é Profesor Titular de Pedagoxía Social na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Compostela, da que é docente desde decembro de 1979. Os eu quefacer intelectual pronto quedará ligado a tema se iniciativas que percorren moi diversas xeografías e inquedanzas: no coñecemento e busca de alternativas para a educación na Galicia rural, o estudo dos tempos educativo se sociais, o deseño e avaliación de programas socioeducativos, etc. Nos eu conxunto, argumentos que se integran e proxectan en publicacións, relatorios de Congresos, dirección de Teses de Doutoramento, programas formativos, etc., en diversos países europeo se latinoamericanos.

Fonte: CARIDE GÓMEZ, José Antonio. Estudiar ambientes: A análise de contextos como práctica educativo-ambiental. Oleiros: Concello de Oleiros, 2000. 192 p.

Máis información: http://www.usc.es/theo/profesorado/caride.htm

Pablo A. Meira Cartea

Pablo Meira é colaborador do Congreso, participando no "Encontro dos Puntos Focais Luso-Galaicos en Educación Ambiental".

Doutor en Ciencias da Educación e profesor titular de Educación Ambiental da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

O seu traballo e a súa pasión é formar pedagogos e educadores sociais conscientes da problemática ambiental contemporánea, e do papel que poden xogar as institucións e os profesionais da educación no seu desenvolvemento, así como na busca de alternativas.

Froito da súa labor científica e académica é a realización de investigacións e a publicación de artigos e monografías relacionados con distintos aspectos da Pedagoxía e da Educación Ambiental.

Dende a súa fundación, en 1987, é membro do Taller de Educación Ambiental do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: MEIRA CARTEA, Pablo A. Educación ambiental: Fontes e recursos documentais. Oleiros: Concello de Oleiros, DL 1998

Máis información: http://www.nerea-investiga.org/es/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=es&item=5

Lucía Iglesias da Cunha

Lucía Iglesias da Cunha é colaboradora do Congreso, e dinamizadora da área de traballo "Educación Ambiental e Universidade".

Licenciada en Ciencias da Educación, especializouse en Intervención Socioeducativa o que lle permitiu unha primeira aproximación á Educación Ambiental. Unha viaxe organizada entre compañeiros de promoción para visitar equipamentos de Educación Ambietnal situados na área mediterránea dálle unha oportunidade para tomar conciencia do traballo que quedaba por facer en Galicia. Inicia os estudos de Terceiro ciclo coa ide ade investigar as iniciativas de Educación Ambiental desenvolvidas nos concellos galegos. Conseguiu obter un perfil aproximado das mesma se un contacto moi directo con dez concello se cos seus pedagog@s municipais e técnicos en educación. Este traballo, supervisado por Antonio Caride, obtivo o grao de doutora en 1998.

Fonte: IGLESIAS DA CUNHA, Lucía. A educación ambiental nos concellos: A experiencia de Oleiros. Oleiros: Concello de Oleiros, DL 1999. 127 p.

Máis información: http://www.usc.es/theo/profesorado/cunha.htm

Joaquím Ramos Pinto

Joaquím Ramos Pinto é colaborador do Congreso e dinamizador, xunto con María do Carmo Muíños, da área de traballo Educación Ambiental nas Axendas 21, coa conferenciante Teresa Franquesa.

Sócio - Fundador de “Nerea investiga”, Asociación internacional de investigadores en educación ambiental.
Está traballando en varias liñas de investigación: “Educación Ambiental e Sustentabilidade Local”, "Participación Social", “Estratexias locais e rexionais de Educación, Animación e Turismo Ambiental”, “Educación e Ciudadania”.
Desde 2004, integra o Consello Editorial Internacional da Revista Tópicos en Educación Ambiental, editada pola Universidade de Guadalaxara, en México.
En 2006, é convidado para integrar a Comissão Científica da Revista "Água e Cultura".

Máis información: http://www.nerea-investiga.org/es/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=es&item=7

segunda-feira, julho 23, 2007

Carlos Rodrigues Brandão

Carlos Rodrigues colabora no Congreso, participando no diálogo "Sustentabilidade e Cooperación" xunto a Michèle Sato.

É profesor do corpo docente do Doutorado en Ambiente e Sociedade do Núcleo de Estudos e Pesquisas Ambientais/Instituto de Filosofía e Ciencias Humanas (NEPAM/IFCH) da Universidade Estatal de Campinas (UNICAMP). Graduado en Psicoloxía pola Pontificia Universidade Católica de Río de Janeiro e doutorado en Ciencias Sociais pola Universidade de São Paulo.

Desenvolve investigacións de campo en comunidades tradicionais ribeireñas do río San Francisco.

Máis información:
http://buscatextual.cnpq.br/buscatextual/visualizacv.jsp?id=K4780720Y4

Emilio Fernández Suárez

Emilio Fernández é colaborador do Congreso, participando na mesa redonda "Comunicación e Educación Ambiental sobre Cambio Climático" xunto con Francisco Heras, Franciso Díaz-Fierros e Rachel Trajber.

É o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. Está doutorado en Bioloxía pola Universidade de Oviedo, sendo Premio Extraordinario de Doutorado no seu ano académico. Imparte clases como mestre titular de Ecoloxía na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.

É membro do Comité Español de Investigación do Cambio Global (CEIGAC), constituído polo Ministerio de Educación e Ciencia do estado español. Emilio Fernández exerce como representante nacional no Comité Ejecutivo do Scientific Comité for Oceanographic Research (SCOR), dependente do Consello Internacional para a Ciencia (ICSU).


Máis información:

http://www.ingurumena.ejgv.euskadi.net/r49-19184/es/contenidos/informacion/climatechangebilbao/es_confe/emilio_fernandez.html

Bertha Koiffmann Becker

Berta Becker é colaboradora do Congreso. Participa na mesa redonda "Desafíos educativos da conservación da biodiversidade" xunto a Xosé Benito Reza, Carlos Vales e Vladimir Russo.

Mestra emérita da Universidade Federal de Río de Janeiro (UFRJ), onde coordena o Laboratorio de Xestión do Territorio (Laget/UFRJ). É licenciada en Xeografía e Historia pola Facultade Nacional de Filosofía da UFRJ e doutora en Ciencias polo Instituto de Geociencias da UFRJ.

Berta Koiffmann Becker é m
embro da Academia Brasileira de Ciencias (ABC) desde 2006 e doutora honoris causa pola Universidade de Lyon III, en Francia, desde 2005.

Máis información:

http://www.abc.org.br/sjbic/curriculo.asp?consulta=BBECKER

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros é colaborador de Congreso, participando na mesa redonda "Comunicación e Educación Ambiental sobre Cambio Climático".

É doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967), é catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987.


Presidente da xunta rectora do Seminario de Estudios Galegos desde 1980 membro do Consello da Cultura Galega, primeiro como coordinador da Sección de Patrimonio Natural (1983-1998) , a partir de 1999 coordinador da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e, desde xullo do 2002, vicepresidente primeiro da institución.


Desenvolveu distintas liñas de investigación nos seus traballos: os factores de formación do solo, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía de solos de Galicia e zona húmida, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas ou a paleoecoloxía, etc.


Máis información: http://www.consellodacultura.org/interaccion/centroprensa/curriculums/curri_fierros.htm

sexta-feira, julho 20, 2007

Marcos Sorrentino

Marcos Sorrentino é colaborador do Congreso, participando dentro do diálogo "Estado da Educación Ambiental no Brasil, Angola e Timor-Leste".

É director de Educación Ambiental no Ministerio de Medio Ambiente do Brasil. Biólogo e pedagogo, exerceu como profesor/doutor da Universidade de São Paulo na Escola Superior de Agricultura (Departamento de Ciencias Forestais), levando tamén a coordinación do Laboratorio de Educación de Política Ambiental desta Universidade.

Doutorado en Psicoloxía Social, é fundador militante de diversas asociacións non gobernamentais, ambientalistas e de educación ambiental no Brasil.

Entrevista a Marcos Sorrentino en EA.NET:
http://www.canal-ea.net/video_exibir.asp?CODIGO=46

Máis información: http://buscatextual.cnpq.br/buscatextual/visualizacv.jsp?id=K4787182P6

Juventude Ecológica Angolana

A Juventude Ecológica Angolana (JEA) é uma Organização Não-Governamental de carácter ambiental, fundada em Luanda em 1991, dedida à questões de protecção, recuperação e preservação do ambiente. A JEA é pela melhoria da qualidade do ambiente e da qualidade de vida das populações e pela urgente necessidade de implementação do desenvolvimento sustentável em Angola assim como pela implementação de processos de educação ambiental no nosso país.
Onde e com quem trabalhamos?A JEA conta actualmente com mais de 1000 membros voluntários, estudantes e trabalhadores, e tem delegações em oito províncias do nosso país, nomeadamente: Benguela, Cabinda, Cunene, Huíla, Kwanza Sul, Luanda, Malanje e Namibe.No seu trabalho diário, a JEA envolve escolas, outras ongs parceiras, instituições governamentais, igrejas, os meios de comunicação social ea sociedade civil em geral.



Para mais informaçoes
http://www.jea.angoladigital.net/

A orixe do congreso


A proposta do I Congresso de Educaçao Ambiental dos Países Lusofonos e Galiza surgiu do Simpósio de Educaçao Ambiental dos Países Lusófonos, que aconteceu em abril de 2006 em Joinville. Esse evento, integrado ao V Congresso Ibero-americano de Educaçao Ambiental, contou com participantes de Cabo Verde, Brasil e Portugal, com mesas redondas, apresentaçoes e a confraternizaçao Saberes e Sabores.
Máis información sobre o V Congresso ibero-americano de Educaçao Ambiental en: http://www.5iberoea.org.br/

Centro de Estudos Africanos

O CEA criado em 1990, é uma das duas instituições de Estudos Africanos do ISCTE, sendo a outra a Área Departamental de Estudos Africanos, nascida em 1997. Este Centro geriu entre 1991/7 o ensino pós-graduado (pós-graduação e Mestrado) de Estudos Africanos do ISCTE e tem, desde então, como principais actividades a investigação, os debates e as publicações. É uma Associação sem fins lucrativos associada ao ISCTE, e Unidade de I&D da Fundação para a Ciência e a Tecnologia (FCT). O Centro de Estudos Africanos obteve recentemente a classificação de Muito Bom, atribuída por esta instituição.A Área departamental ministra ensino a três níveis:
» Licenciatura em Desenvolvimento e Cooperação (proposta).» Mestrados:
- em "Estudos Africanos - Desenvolvimento Económico e Social em África" - 1ª Edição em 1992 e actualmente na 14ª edição. Tem mais de uma centena de teses defendidas;- em "Desenvolvimento, Diversidades Locais e Desafios Mundiais", a terminar a 2ª edição;- em Planeamento e Avaliação de Projectos de Desenvolvimento (colaboração com o Departamento de Sociologia, igualmente na 2ª edição).» Doutoramento em Estudos Africanos:Programa de Doutoramento com sete teses já discutidas e cerca de três dezenas de Doutorandos inscritos.
Em reuniao realizada em maio de 2007, o CEA se dispôs a ser parceiro do I Congresso de Educaçao Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia, auxiliando na divulgaçao e contribuindo na organizaçao do Congresso, com sua excelente experência com os Paises da África, especialmente na Guiné Bissau e Sao Tomé e Principe.

quinta-feira, julho 19, 2007

CPLP

A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa - CPLP é o foro multilateral privilegiado para o aprofundamento da amizade mútua e da cooperação entre os seus membros. Criada em 17 de Julho de 1996, a CPLP goza de personalidade jurídica e é dotada de autonomia financeira. A Organização tem como objectivos gerais:
A concertação político-diplomática entre seus estados membros, nomeadamente para o reforço da sua presença no cenário internacional;
A cooperação em todos os domínios, inclusive os da educação, saúde, ciência e tecnologia, defesa, agricultura, administração pública, comunicações, justiça, segurança pública, cultura, desporto e comunicação social;
A materialização de projectos de promoção e difusão da língua portuguesa.
A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa apoia institucionalmente o Congresso.
Além da participaçao do secretariado executivo na abertura do Congresso, a assessora técnica Jacqueline Andrade será a dinamizadora da Área de Trabalho educaçao Ambiental e Cooperaçao, juntamente com Maura Machado, técnica do Ministério do Meio Ambiente do Brasil.
Para mais informaçoes sobre essa organizaçao, consulte a página www.cplp.org