sexta-feira, julho 27, 2007

Araceli Serantes Pazos

Araceli Serantes forma parte do Comité Organizador do Congreso e é dinamizadora, xunto a Luisa Borges, da área de traballo Educación Ambiental Non Formal, que contará coa conferenciante Helena Barracosa.

Mestra asociada no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e xefa da Area de Extensión Universitaria no CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Traballou como monitora pedagóxica en distintos centros e foi técnica de medio ambiente no Concello de Oleiros durante 4 anos.

Interviu en distintos congresos e xornadas tanto a nivel estatal como internacional, como o V Congreso Iberoamericano de Educación Ambiental celebrado en Brasil no 2006. Destaca a súa dilatada experiencia como docente e organizadora de cursos e seminarios. Desenvolveu diversos proxectos no campo da educación social e participou en varios de temática ambiental. É autora dun amplo número de artigos e publicacións.

Máis información:
http://www.udc.es/dep/pdce/Boli/CV_Serantes2005.pdf

Nenhum comentário: