terça-feira, agosto 21, 2007

Mário Jaleco

Vai a colaborar no Congreso aportando diferentes fotografías que formarán parte da Exposición Fotográfica "Ollando a lusofonía" que se expoñerá con motivo do Congreso. Mário mostrará a realidade desde a súa ollada de fotógrafo-voluntario.
Estudou en Lisboa, onde se licenciou na Rama de Formación Profesional en Filosofía (95/96). Entre medias fixo un curso de Fotoxornalismo e deu clases de Introdución á Filosofía por un periodo de dous anos. Empezou a traballar como voluntario en cooperación en 2001/02. Primeiro traballou en dous proxectos en Guinea sobre a Promoción femenina e a Educación Básica no interior do país. Posteriormente realizou outras labouras de voluntariado en Angola, Guatemala e novamente en Angola. Dentro do ámbito da Cooperación para o Desenvolvemento traballou como profesor en Santo Tomé e Príncipe. Tamén traballou en Mozambique como Observador Eleitoral no ano 2004, onde tomou algunhas imaxes como a que aparece máis abaixo.

Esta fotografia, tomada por Mário Jaleco en Angola, é titulada "O abraço" e foi gañadora do 1ª Premio do concurso Olháki


Fotografía tomada por Mario Jaleco en Mozambique e titulada "Cruzamento de Olhares"

Ambas imaxes forman parte da Exposición Fotográfica Colectiva que se exporá para o Congreso.

Nenhum comentário: