quarta-feira, setembro 12, 2007

Margarita Ledo


Participa como moderadora no diálogo “O mundo lusófono na globalización”.

Cineasta e escritora, é Catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, Doutora en Ciencias da Información pola Universitat Autónoma de Barcelona e Investigadora asociada no Département d 'Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles, Université Paris VIII; Department of Theatre, Filme and TV Studies, University of Wales-Aberystwyth; Département de Sciences de l'Information et da Communication, Université de Haute Bretagne, Dublín Institut of Technology, DIT.

Últimas obras publicadas:
Cinema de fotógrafos, GG, Barcelona, 2005, Premio Fundació Espais d ' art contemporani-2005; Del Cine ollo a Dogma95, Paidós, Barcelona, 2004; Galicia-Finlandia: Modos de Pensar, CCG, Compostela, 2002, con Tapio Varis; Production télévisée et identité culturelle,PUR, Rennes, 2000 en colaboración con Jacques Guyot e Roland Michon; Documentalismo Fotográfico: éxodos e identidade, Cátedra, Madrid, 1998.

Presidenta da Federación Lusófona de Ciencias de la Comunicación, Lusocom, e da Agacom, membro da Comisión Executiva da Xestora para a fundación da Asociación española de investigación en comunicación AE-ICOM, membro do Relatorio de Comunicación do conselo dá Cultura Galega, membro do Consello de Redacción das revistas científicas A Trabe de Ouro, Sotelo Branco Edicións, Santiago de Compostela e Trípodos, Universitat Ramón Llull, Barcelona.

A destacar entre a súa obra fílmica, a dirección guión da longametraxe documental 'Santa Liberdade' (España/Brasil/Venezuela), 2004, con presenza en varios certames internacionais e estreada nos cines Verdi (Madrid e Barcelona) en xullo de 2004, e a que última nestes momentos, 'Liste, pronunciado Líster', sobre quen fose comandante do Quinto Rexemento durante a Guerra Civil española, Enrique Líster.

Nenhum comentário: